A desinformación baixo o foco 16 de xuño de 2025
A desinformación baixo o foco
Baixo o título de A desinformación baixo o foco, este debate aberto á cidadanía inseríase nas actividades promovidas pola UCC+i a raíz da celebración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, dentro do Plan de Ciencia de Ida e Volta, que conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Moderado por Fortes, contou coas intervencións dos integrantes do grupo CP2 Xosé Rúas e Iván Puentes; do investigador do grupo SING Guillermo Blanco, do integrante do Grupo de Tecnoloxías da Información Francisco de Arriba e da psiquiatra Iria Veiga. Dirixido a concienciar sobre o impacto da desinformación na vida cotiá, o debate contou tamén coa asistencia das vicerreitoras de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, e do campus de Pontevedra, Eva María Lantarón.
Fonte: DUVI
