MOOC Juego sin tronos: literatura, corte y Tenorios románticos 16/12/2014

Visto 936 veces

MOOC Juego sin tronos: literatura, corte y Tenorios románticos

O noso periplo iníciase en 1844, coa estrea de Don Juan Tenorio. Del analizaremos as súas orixes, os perfís románticos da obra e as súas diverxencias fronte ao modelo dramático histórico, a posta en escena e a caracterización do protagonista, que se presenta ante nós como un xogador libertino e camorrista, afastado das intrigas da corte e das súas ambicións. Posteriormente abordaremos as rápidas derivacións do texto zorrillesco na literatura popular, con especial atención a dúas manifestacións concretas: a literatura de cordel e as novelas por entregas. En ambas as dúas, a figura de Tenorio conserva características do orixinal, pero deturpadas na súa evolución cara a formas literarias de consumo popular.

Montserrat Ribao Pereira
Profesora Titular de Literatura Española na Universidade de Vigo e membro do Grupo de Investigación Edicións e Estudos de Literatura Española (e-LITE) desta

Materiais