Agroecoloxía e educación 16/06/2016

Visto 672 veces

Agroecoloxía e educación

As horas escolares

O Congreso Internacional de Agroecoloxía está organizado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía e, nesta sexta edición, conta coa participación de 200 agroecólogos e agroecólogas de Europa e Latinoamérica que compartirán experiencias e debates na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus de Vigo. Xavier Simón, director do grupo, explicaba na inauguración que este simposio “tenta ser unha combinación de ciencia e de sabedoría, un espazo no que se encontren homes e mulleres que traballan no eido científico pero tamén homes e mulleres que traballan directamente coa terra, cos problemas aos que nos enfrontamos os seres humanos”. No acto de apertura tamén o definiu como “un espazo político, que non partidista, porque nos manifestamos clara e rotundamente por novos modelos de alimentación pero tamén en contra do TTIP e do Ceta”. Nestes dous días, os participantes abordan tres dimensións da agraoecoloxía: a técnico-produtiva; a política e a socio-cultural e cada unha delas organízase en varias áreas temáticas. Na primeira das dimensións tratanse temas como o manexo agroecolóxico de sistemas; as estratexias para a conservación da biodiversidade ou a cadea agroalimentaria, distribución e conservación de alimentos. No relativo á dimensión política, debátese sobre o papel das institucións públicas como demandantes de alimentos; sobre a acción social e comunitaria para mobilizar recursos abandonados e construír solucións para a subalimentación; economía global e acción local e feminismo e agroecoloxía. Finalmente, no bloque temático centrado no eido sociocultural analízanse novas formas de coñecemento e de propiedade para a sustentabilidade; experiencias comunitarias de desenvolvemento humano e ética, epistemoloxía e educación para a agroecoloxía. O congreso comprende tamén catro grupos de traballo de temáticas específicas: Novos mercados de consumo de alimentos e metabolismo social; o sector público como demandante de alimentos; feminismo, agroecoloxía e coidados e agricultura social e terapéutica.

Andrea Estrella
Sociedade Cooperativa Germinando

Vídeos da mesma serie
Historia da Agroecología en México
Intervención de Marta Astier
16/06/2016
Campesino a campesino
A construción de comunidades de aprendizaxe agroecolóxicas en México
16/06/2016
Agricultura campesina: Agricultura de re-existencia
Intervención de Sonia Irene Cárdenas Solís
16/06/2016
O problema ecolóxico como un problema real
Intervención de Aida Matos
16/06/2016
Horticultura social e Terapêutica
Intervención de Isabel Mourâo
16/06/2016
MáisRural
Un programa terapéutico para a integración interxeracional
16/06/2016
Cultivando o Clima e a Comunidade. 3C
Intervención de Damiana Conde
16/06/2016
O programa Verdear
Horticultura social no periurbano vigués
16/06/2016
Cultivando saúde
A horta como medio para a rehabilitación psicosocial en saúde mental
16/06/2016
Presentación de Ana E. Hervás
Presentación de Ana E. Hervás
16/06/2016
Proxecto "Campos de vida"
Producindo alimentos e biodiversidade
16/06/2016
Mercados de produtoras locais no País Vasco
Valoración do seu impato económico e social en Gipuzkoa
16/06/2016
Práticas de etnoveterinária no Nordeste Transmontano (Portugal)
Intervención de Zita Martins Ruano
16/06/2016
EIM A Caracola
Más que comer
16/06/2016
Compra pública alimentaria
Oportunidade para os sistemas alimentarios locais
16/06/2016
Comedor escolar
Motor para potencia-los alimentos de proximidade e ecolóxicos
16/06/2016
Rede municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames
Xestión pública e unha alimentación saudable e sostible
16/06/2016
O potencial da agroecoloxía para o benestar social
Un exemplo na illa de Tenerife
16/06/2016
Agroecoloxía e educación
As horas escolares
16/06/2016
O sistema agroalimentario: Unha mirada dende o metabolismo social
Intervención de Óscar Carpintero Redondo
17/06/2016
Espigoladors
De froitas e verduras imperfetas nacen segundas oportunidades
17/06/2016
Como prechar o ciclo dentro dunha Praza de Abastos
Un exemplo de Ultra_Alimento e Ultra_Tasca
17/06/2016
A cadeia produtiva da Feira de Artesanato e Produtos da Agricultura Familiar
Construindo a partir da realidade vivenciada
17/06/2016
Organicaçao cooperativa
Desafíos na comercializaçao de alimentos produzidos pela agricultura familiar
17/06/2016
Mercados de terras...Construidos?
Unha xanela ás distintas facianas da realidade
17/06/2016