A Ciencia e os seus enemigos: Cultura, Linguaxe e Coñecemento 5 de ago. de 2015

Visto 8623 veces

A Ciencia e os seus enemigos: Cultura, Linguaxe e Coñecemento

A tese que se expón neste video é que as Ciencias, as interpretacións científicas, actualmente, enfróntanse a tres inimigos moi poderosos, que tratan de neutralizar, contrarrestar, ou incluso destruir, o avance científico. Estos tres inimigos son, por sorprendente que pareza: 1) a Cultura, 2) a Linguaxe e 3) o Coñecemento idealista (particularmente a través da epistemoloxía e da hermenéutica). Como tempo atrás a relixión e a Igrexa, hoxe son a Cultura, a Lingua e o Coñecemento idealsita, quenes obrigan ós científicos a retractarse das súas investigacións ou incluso a silencialas. En nome da cultura obrígase ós seres humanos a falar linguas que non queren falar, ou incluso a amputar partes do seu corpo (cliteroptomía). A cultura é unha gremialización do individuo. O benestar da Cultura é o malestar da liberdade. A Lingua é, como o son os seus falantes, unha víctima da Cultura. A Cultura está ó servizo da Política, non da Liberdade. A Cultura converteuse hoxe no inimigo posmoderno da Liberdade humana.

Jesús G. Maestro
Profesor na Facultade de Filoloxía e Traducción da Uvigo